Entradas

TRABALLO PARA CASA IV (TERCEIRO)

Imagen
Boas queridiñas e queridiños,
Aquí estou de novo, con outras propostas para seguir aprendendo.
Vexo que estades traballando moito, parabéns, encántame ter noticias vosas! 
Os que faltades por  recitar a poesía, anímadevos !!!, algúns de vós xa me enviastes o vídeo e está moi chulo. En canto os teña todos,  edito un vídeo e cólgoo aquí para que vos vexades todos e todas!

ACTIVIDADES PARA FACER AO LONGO DA SEMANA

Ademais de seguir co diario e a lectura diaria  esta semana propóñovos novas tarefas, agardando vos gusten!
MATEMÁTICAS:

Lembrades o material que nos amosou Mael na clase para aprender as táboas , pois aquí tedes un vídeo para que creedes a vosa propia ferramenta se vos apetece!



LINGUA:

Propóñovos que creemos ao longo destes días un recetario de comidas que facemos na casa e cremos que é importante compartir. A modo de exemplo, podedes ver e facer a seguinte receita, non é moi saudable, pero algún gusto teremos que darnos estes días!



RECEITA GALLETAS

RECETA (EN CASTELÁN)






PASOS A SEGUIR:

TRABALLO PARA CASA III (TERCEIRO)

Queridiños e queridiñas,

Como o levades? Aquí vos van unhas tarefas para non perder o ritmo de traballo da aula e mantervos entretidos aprendendo e gozando!
Vouvos pautar o traballo por días, por se vos axuda a organizarvos mellor.
Lémbrovos que podedes manter o contacto comigo das seguintes maneiras:
- Escribirme ao correo: espiñeiraterceiro@gmail.com.(Respondo rápido)
- Gardar os traballos que fagades (fichas, follas de caderno,  se lle queredes mandar unha foto e enviarmo) e o vídeo co recitado da poesía pinchando.AQUÍ.
- FAMILIAS (ademais do gmail anteriormente indicado) podedes responderme por ABALAR nas mensaxes que vos envío.
ACTIVIDADES PARA TÓDOLOS DÍAS:

1. O MEU DIARIO.

- Seguir co diario, tedes a plantilla AQUÍ
- Se non podedes imprimilas podedes facelo en calquera libreta que teñades na casa.

2. LECTURA DIARIA:

- Tedes a plantilla para facer o resumo do libro (completo ou por capítulos)AQUÍ
- Ou dígovos o mesmo, podedes facelo nunha libreta.
- Ficha do libro AQUÍ

3. FICHAS …

TRABALLO PARA CASA II. FESTIVAL DE POESÍA (TERCEIRO)

Boas, Como o levades? Dicirvos que xa me chegaron varios correos electrónicos coas vosas respostas ás fichas interactivas!!! Bo traballo!!!✌
Estiven a pensar que xa teño ganas de vervos, así que ocorreuseme a idea de facer ese pequeno festival de poesía que iamos facer, pero desde casa, así podemos vernos todos. Que vos parece?
Agardo que vos animedes todos e todas!!!
INSTRUCCIÓNS:
1. Escolle un poema, se te animas inventa un (que sexa alegre e animado, preferentemente en galego). 2. Memorízao, ensaia fronte ao espello.😜 3. Cando esteas preparado/a recítallo a túa familia. Anímaa a que participe contigo. 4. Pídelle a un maior que te grave en vídeo (preferentemente  plano medio, é dicir, ata a cintura, sobre fondo branco). 5. Garda a gravación no seguinte cartafol de DRIVE.
FESTIVAL DE POESÍA
6. Encargareime de montar un vídeo coas vosas gravacións. Lémbrovos que na entrada do Contexto lingüístico: A poesía é vida!, tedes autores e autoras para inspirarvos!Ala, a recitar como verdadei…

TRABALLO PARA CASA ( TERCEIRO )

Queridiños e queridiñas,
Como xa saberedes imos estar uns días sen vernos. Así que traballaremos a través deste blog o tempo que dure a cuarentena.

Aproveitade para durmir ata tarde, ler moitos libros, escoitar música, cantar, bailar, xogar cos puzzles, xogos de mesa, facer manualidades..., e tamén botar unha man na casa facendo a vosa parte.
Ademais disto, aconsellamos ter unha rutina de traballo que reforce a lectoescritura, cálculo e numeración dos aspectos traballados na aula a través da realización destes materiais e outros que consideredes axeitados. Sacade as regretas e reforzade a multiplicación con decenas, practicade tamén os amigos do 1.000 e 10.000.
Por suposto este traballo é VOLUNTARIO E NON AVALIABLE.
Iremos actualizando materiais e por suposto quedo aberta as vosas suxestións sobre actividades que vos apeteza propor para facer estes días.

PROPOSTAS DE TRABALLO:

1. LECTURA DIARIA.

CATÁLOGO DA REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS (É PRECISO TER UN CARNÉ DE SOCIO/A)

LER EN GALEGO

2.…

POESÍA VISUAL E OBXECTUAL

Imagen
ESCOLMA POÉTICA NO FALADOIRO



OBRADOIRO DE POESÍA VISUAL CO POETA DAVID FERNÁNDEZ RIVERA












 PRESENTACIÓN VISUAL: DAVID FERNÁNDEZ RIVERA







PRESENTACIÓN DIXITAL DOS POEMAS ELABORADOS EN EQUIPO E A NIVEL INDIVIDUAL

PROXECTO IV: A POESÍA É VIDA

PROGRAMA DE RADIO: HOMENAXE A ROSALÍA
24 DE FEBREIRO

PROXECTO III: NOTICIAS PARA UN MUNDO SOSTIBLE

Imagen
REPORTEIR@S 5º E 6º

CONTADOIRO:

Contamos a historia "WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ" aos máis pequenos da escola.

CON INFANTIL




CON 1º E 2º




  FALADOIRO: Radio Espiñeira






REPORTEIR@S 3º E 4º





FALADOIRO GRUPO 1




FALADOIRO GRUPO 2

-- --